Premios Baco Colleita 2023 XXV Cata Valdeorras - Ano Olímpico: Viños con medalla
Quinta da Peza obtén novos recoñecementos
O pasado 29 de xuño entregáronse os Premios da XXV Cata Oficial da DO de Valdeorras. O noso Godello 2023 e Mencía 2023 foron galardoados co segundo premio nas categorías Mellor Viño Branco e Mellor Tinto da colleita 2023.
Ademais, a semana pasada coñecéronse os Premios Baco da Unión Española de Catadores para a colleita 2023. Este concurso é o máis importante para viños novos que se celebra en España. Mais de 50 expertos analizan e valoran os viños da colleita anterior. Neste caso, obtivemos o dobre recoñecemento ao noso Godello e Mencía 2023, sendo o primeiro galardoado cunha medalla de ouro, e o segundo cunha prata. É unha proba máis da calidade dos nosos viños novos, que foron continuamente recoñecidos nestes premios deste xeito:
Quinta da Peza Godello
Ouro 2021
Ouro 2022
Ouro 2023
Quinta da Peza Mencia
2020 Gran Oro (Terceiro Viño Novo de España)
Ouro 2022
Prata 2023
#PremiosBaco #UEC #Godello #Mencia #VinosConMedalla #DOValdeorras