"O Bico do Lugar" é como os veciños coñecen o punto máis alto de Fontei e onde se atopa o viñedo de Peza. Un Godello do Bico naceu dunha selección da súa mellor uva e logo da súa elaboración sobre Lías.

Amarelo brillante. Lágrima fina e abundante.

No nariz pódense ver notas cítricas e flores brancas, recordos de mazá ácida e algún toque mineral.

Na boca é fresco, afroitado, graxo e moi amplo. Lonxe recordo da madeira pola súa fermentación en foudre de carballo. Acidez boa e equilibrada que o fai longo e envolvente.
Prema aquí se desexa adquirilo.