O lugar de O Santo, en Fontei, é o berce da nosa familia e tamén da súa vinculación coa viticultura. Nas súas ladeiras soleadas e calurosas medran as nosas cepas de Garnacha Vella e delas obtemos a herdanza dun viño tinto único.
Fermentado en depósito Inox, con posterior crianza de 12 meses en barricas de 500 litros, fan desta Garnacha un viño tinto galego único.

Cor vermella cereixa profunda e lágrima densa.

Nariz intenso, froitos do bosque (moras, arándanos), cereixas, pastelería, balsámico e fondos con atractivos tostados.

O padal é amplo, elegante e potente, carnoso, con paso afroitado, tanino elegante e final longo, onde volven os froitos vermellos. Lixeira astrinxencia da variedade.
Prema aquí se desexa adquirilo.