Sobre nós
Historia
Quinta da Peza nace dunha herdanza familiar: a tradición familiar de viño de 3 xeracións e o viñedo A Peza situado en Fontei. Facenda emblemática da zona e pertencente á Casa Grande (Pazo do lugar). Tradicionalmente, foi un viñedo de Garnacha e Palomino, que foron considerados como as variedades graneleras por excelencia na bisbarra.
En 2004 iniciouse un ambicioso proxecto de reconfiguración da viña que consistía en adaptar ás modernas técnicas de cultivo e ás variedades da zona (Godello e Mencía) de case 8 hectáreas de cultivo.
Tras estes anos de crecemento da nova plantación, en 2007 nace a bodega Quinta da Peza, situada nun antigo establo completamente restaurado e acondicionado para os requisitos sanitarios actuais.
Premios
Os primeiros anos de difícil comercialización abriron paso ao crecemento comercial da adega, en gran parte debido á cantidade de premios recibidos durante o periodo, o cal é indicativo da calidade do produto. Entre os premios destacan:
- QUINTA DA PEZA GODELLO 2010. ACIO DE BRONCE DE VALDEORRAS na XXIII Cata dos Viños de Galicia
- QUINTA DA PEZA ORO 2012. ACIO DE PRATA DE VALDEORRAS na XXVI Cata dos Viños de Galicia
- QUINTA DA PEZA MENCIA 2014. MELLOR VIÑO TINTO DE GALICIA na XXVII Cata dos Viños de Galicia
- QUINTA DA PEZA MENCIA 2015. ACIO DE OURO DE VALDEORRAS na XXVIII Cata dos Viños de Galicia
- QUINTA DA PEZA GODELLO 2018. 1º PREMIO VIÑOS BRANCOS na XX Cata Oficial da DO Valdeorras
- QUINTA DA PEZA MENCIA 2020. GRAN BACO DE OURO. XXXV Premios Baco
Futuro
O futuro da adega pasa pola introdución de novas marcas Premium e a expansión da nosa propia viña na zona de As Escavadas, que nos permitirá ofrecer aos nosos clientes o mellor do noso viñedo e da nosa adega.